Congreso Euroamericano de Dereito e Política

Congreso Euroamericano de Dereito e Política

O Congreso Euroamericano de Dereito e Política é o resultado da comprometida labor conxunta de investigadores da Universidade Federal Fluminense coa Universidade de Vigo, coa intención de ampliar o diálogo acerca de intereses comúns, promovendo a aproximación académica e científica e propiciando unha mellor comprensión do contexto social en realidades de orixes estructurais conexos.

A iniciativa basease nas accións de internacionalización presentes nos proxectos institucionais de todos os implicados, obxectivando a produción cualificada e representante de realidades comparadas e influenciadas. O Congreso Euroamericano pretende ser un foro de discusión e intercambio de experiencias das realidades transatlánticas, sobre temas de influencias directas nas áreas socioeconómicas e políticas dos dous continentes. A experiencia do Estado de benestar, os mercados económicos, as realidades socio-xurídicas e institucionais serán obxectos de debate privilexiados nesta ocasión.

A intervención dos académicos proporcionará a posibilidade de participación activa no evento, non soamente en calidade de oíntes como tamén pola presentación de traballos, previamente seleccionados, nos grupos temáticos desta web.

Obxectivos do congreso

  • Servir de plataforma para aproximacións innovadoras na Política e o Dereito, tanto no terreo teórico coma no práctico.
  • Favorecer o desenvolvemento e a difusión de intercambio de experiencias transatlánticas a través da conexión dos distintos paneis temáticos que definen os intereses básicos do congreso.
  • Crear espazos de reflexión sobre propostas e retos en materia de Dereitos Humanos.
  • Promover o diálogo para que as propostas e os proxectos se vexan enriquecidos cos diversos puntos de vista dos congresistas.
  • Favorecer o desenvolvemento e a difusión de intercambio de experiencias transatlánticas sobre temas de influencias directas nas áreas socioeconómicas e políticas dos dous continentes.

Organizadores



Colabora