Congreso Euroamericano de Dereito e Política

Instruccións para o envío de traballos e Paneis


PROPOSTA DE TRABALLOS


  1. Os participantes de calquera modalidade deberán enviar os textos a través do formulario da sección Cronograma nos prazos que se establecen na mesma.
  2. As contribucións deberán observar as seguintes especificacións:
    • Formato: Microsoft Word; fonte Times New Roman, tamaño 12, interliñado 1,5; bordes de 2 cm; sen espacio entre parágrafos; título en maiúsculas e negrita; e notas ao pé ao final de cada páxina.
    • Conter un resumo de ata 300 palabras en castelán, galego ou portugués, e unha versión en inglés, e incluir de 3 a 5 palabras clave nos mesmos idiomas.
    • Ademáis do resumo, o cuerpo do texto deberá estar formado, cando menos, de desenvolvemento, conclusións e referencias bibliográficas, cun texto máximo de 9.000 palabras sen contar a bibliografía que se referenciará da seguinte maneira:
      • Citacións no corpo do texto (APELIDO AUTOR, ano); cando haxa tres e máis autores, citarase ao primeiro seguido de et al.
      • Referencias:
        • Libros: Autor(es) (ano) Título, Lugar de edición, Editorial.
        • Capítulos de libro: Autor(es) “Título do capítulo” en Autor da edición ou compilación, Título do libro, Lugar de edición, Editorial, páxinas do capítulo.
        • Artigos de revistas: Autor(es) (ano) “Título do artigo” en Título da revista, volume e número, páxinas do artigo.
        • Obras editadas por organismos: Organismo (ano) Título, Lugar de edición, Editorial. Exemplo: INE (2006) Estatísticas de I+D, Madrid, INE.
        • Artigos en Internet: Autor(es) (ano) “Titulo” dispoñible en URL.
        • Táboas, figuras e gráficos. Insertaranse numerados como imaxes no corpo do texto. A edición de táboas, figuras e gráficos realizarase segundo o modelo das Normas APA.
  3. A inscrición dos traballos farase efectiva co pagamento dunha taxa de 100€ (cen euros) despois da aceptación e conforme ás orientacións publicadas nesta páxina.
  4. A presentación dos traballos terá lugar os días 18, 19 e 20 de abril de 2017, nos horarios e salas divulgadas oportunamente para o evento (Facultade de Ciencias da Educación – Campus de Ourense – Universidade de Vigo) durante o Congreso.
  5. Os traballos aceptados publicaranse unha vez se verifique o prazo para a revisión dos mesmos tras o Congreso.
    Ao inscribir o/os artigo/s para a súa presentación nos Paneies os autores autorizan a súa publicación nos produtos derivados do evento, cos debidos créditos de autoría, e sen calquera contraprestación económica para os responsables por parte da organización do congreso.
    Para calquera dúbida ou suxestión pode escribir ao enderezo electrónico: congresoeuroamericano2017@uvigo.es.

PROPOSTA DE PANEIS (GRUPOS DE TRABALLO)


  1. Os Paneis poderán ser propostos en conxunto, de 2 a 4 profesores, con indicación dunha temática específica.
  2. Os profesores responsables da proposta deberán ser doutores puidendo ser auxiliados por doutorandos.
  3. A proposta de Panel presentada deberá conter: Título do panel, breve descrición para servir de guía aos textos postulados, nome dos coordinadores, seguido de título e vínculo académico.

Libro de Actas do Congreso


Despois da celebración do Congreso prepararase un libro electrónico coas aportacións presentadas. As instrucións específicas para preparar os manuscritos e a data límite para o seu envío comunicaranse por correo electrónico aos autores encargados da súa presentación e poderán descargarse nesta mesma páxina web.


Organizadores



Colabora