Congreso Euroamericano de Dereito e Política

Chegar a Ourense


Ourense, referente urbán da Galicia interior, actúa polo seu emplazamento como un eixe de comunicacións que conecta a Galicia Atlántica co resto de España. Ademáis, manten un estreito contacto con Portugal, cuxa fronteira se atopa a uns 60 Km. de distancia.

POR ESTRADA

En coche propio ou autobús, Ourense conta cunha boa rede de infraestruturas viarias que facilitan a viaxe. As principais cidades galegas, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, están conectadas por autoestradas e autopistas e atópanse nun radio de menos de 200 kms á redonda. A A-52 sitúa a cidade a sólo 4 horas de Madrid, mentras que a segunda cidade portuguesa, Porto, atópase a menos de 2 horas de traxecto.

Coordenadas: 42º20’11”N 7º51’48”W – 42.3379,-7.8638

Principais accesos:

  • Dende Coruña e Santiago de Compostela: AP-53
  • Dende Porto, Vigo, Madrid: A-52
  • Dende Lugo: N-540
EN TREN

Con conexións co resto de España e á espera de que entre un funcionamento a liña AVE que conecte Ourense con Madrid en 2 horas e media, os novos trens AVANT comunican A Coruña con Ourense en 1h.10 minutos e Santiago de Compostela en 38 minutos.

Consulte www.renfe.es para ver as combinacións.

EN AVIÓN

Aínda que Ourense non conta con aeroporto, as boas comunicacións sitúan aos tres aeroportos galegos internacionais a un paso. O aeroporto de Peinador en Vigo está a 90 km, Lavacolla en Santiago de Compostela a 115km e Alvedro en A Coruña a 176 km. Tamén é posible viaxar dende Sá Carneiro, en Porto, a escasas duás horas de traxecto.


Organizadores



Colabora